Limpezas Xalo

O mercado de actuación está dirixido á provincia da Coruña, realizando entre outros servizos, os de limpeza vial no Concello de Culleredo. O obxectivo de Limpezas e Servicios Xalo é o de ofrecer servizos integrais a toda a comunidade galega



 

Grandes Superficies

O noso principal obxectivo cando nos encargamos da limpeza dunha gran superficie é garantir ao noso cliente a máxima hixiene e pulcritude. Isto conseguímolo a través da formación continuada do noso equipo humano e ao uso da maquinaria de última xeración para a limpeza xeral e específica de grandes superficies.

Oficinas

Limpamos e mantemos a diario as súas instalacións, tendo en especial consideración as mellores alternativas de horarios, para poder chegar a alcanzar un nivel de calidade óptimo. No noso servizo de limpeza de oficinas incluímos a limpeza integral das instalacións, así como os materiais que forman parte dela: iluminación, ofimática, material oficina, etc.

Organismos. Colexios

Realizamos limpezas diarias de colexios, atendemos dende pequenas gardarías ata grandes colexios e institutos. Adaptámonos completamente ao seu horario lectivo para que ao día seguinte todas as instalacións do colexio se encontren en perfecto estado. Ademais empregamos o produto máis axeitado para cada superficie.




Un novo concepto de limpeza ao seu servizo. Un ámbito limpo respectando o Medio Ambiente.