En constante innovación co único obxectivo de ofrecer un servizo integral, de calidade e respecto ao Medio Ambiente. Un novo concepto de limpeza ao seu servizo
Dirixido á provincia da Coruña, realizamos os servizos de limpeza para o concello de Culleredo e en expansión para cubrir toda a comunidade galega.
A unidade de limpeza de alta precisión SKIDMATE está provista dunha maquinaria de chorro a presión especialmente deseñada para servizos municipais de limpeza, mantemento e conservación do mobiliario urbano
Alta precisión de regulación de abrasivo con válvula micrométrica pilotada neumáticamente. Vibrador neumático. 10 metros de mangueira. Control remoto. Unidade de tratamento de aire. Bomba de auga.
Xalo conta entre a súa maquinaria de traballo e a oferta de servizos para os seus clientes cun equipo especializado de alta precisión, destinada a limpar graffitis e outras sucidades en fachadas, obras de arte, muros, beirarrúas...